Novo blogue
Xaneiro 10th, 2010 | Published in| the_category Sen clasificar
Desde fai xa case un ano as persoas que participamos do Campamento Zaitun seguimos a compartir información no blogue: http://infozaitun.wordpress.com/
Xaneiro 10th, 2010 | Published in| the_category Sen clasificar
Desde fai xa case un ano as persoas que participamos do Campamento Zaitun seguimos a compartir información no blogue: http://infozaitun.wordpress.com/
Xaneiro 27th, 2009 | Published in| the_category Sen clasificar
O campamento permanente Zaitun naceu como un espazo político de reflexión, expresión e denuncia da situación que se está a vivir en Palestina e da complicidade e hipocrisía das institucións e dos partidos que nos gobernan.
As persoas que participamos na asemblea sumámonos a este proceso porque sentíamos rabia e impotencia ó ver como as concentracións e as manifestacións, que tiñan lugar na nosa cidade, eran espazos asépticos, baleiros e dirixidos. Espazos que, unha vez máis, eran instrumentalizados por determinadas organizacións e partidos que saían a rúa para transformar o malestar da cidadanía cara as consecuencias dunha orde global xenocida en lealdades adormecidas.
Nos queriamos construír un espazo de acción política onde nos sentiramos cómodas, no que todas puidésemos aportar. Un espazo estimulante no que aprender unhas das outras, un espazo visible, para achegar información a cidadanía sensible e facer explícita a hipocrisía dun sistema cada vez máis hábil a hora de xestionar as contradicións entre os seus discursos e as súas políticas.
Onte, despois de catro días de resistencia, de afecto, de frío, de aprendizaxes, de rabia, de desobediencia, de impotencia, de contacto coa xente na rúa…decidimos pechar o campamento. Zaitun cup “remata”, pero os desexos e os sentimentos que o construíron continúan con máis forza.
Grazas a todas polo apoio, polo optimismo, pola enerxía, que aínda estando esgotadas, sodes capaces de transmitir.
Os procesos políticos como Zaitun nunca morren, porque nos fan sentir máis vivas.
Xaneiro 21st, 2009 | Published in| the_category Sen clasificar
Mércores 21 | Campamento Zaitun, Concentración e conferencia | Desde as 17:00h no Obelisco – A Coruña
A pesar do acoso policial que procura a asfixia da iniciativa, o campamento Zaitun continuará mañá con presencia na rúa e a palestra dun activista palestino.
Un punto de información e denuncia.
Desde as cinco da tarde haberá unha nova saída á rúa a modo de denuncia da masacre sufrida pola poboación palestina e a impunidade absoluta dos responsabeis da mesma.
A última gran operación do Exército israelí, «Plomo Fundido», que ten provocado a morte de máis de mil catrocentos palestinos, conta nítidamente co consentimento do Estado español e a Comunidade Internacional. Este consentimento é a extensión da cooperación na empresa exterminista israelí a moi variados niveis; impunidade plena para os responsabeis de cada unha das hecatombes (Sabra e Shatila, Qana, Jenin, Balata…) pero tamén tolerancia absoluta ante a permanente inobservancia dos máis ínfimos dereitos das palestinas, colaboración no mantemento da ocupación militar a través de cauces «humanitarios»(é o Estado ocupante quen debe asistir á poboación ocupada), venda masiva de armamento ao Estado israelí, despregamento das tropas de mediación das Nacións Unidas no sur do Líbano para facer un traballo propio do Exército de Israel, etc.
Nos pasados días este punto de información vén sendo deteriorado pola Policía Municipal. Logo de impedir a instalación dunha carpa permanente na que realizar as actividades programadas mediante a ameaza dun desaloxo pola forza a cargo da Policía Nacional, a Policía Municipal da Coruña está a acosar calquera manifestación desta iniciativa.
Na tarde de hoxe, martes 20, foi forzada a retirada dunha pequena mesa na que se distribuía material informativo relacionado coa iniciativa e tamén duas pancartas que estaban fixadas no chan. Non obstante, o mesmo ánimo netamente agresivo dos axentes fixo que nin intervisen sobre a instalación dunha exposición fotográfica sobre os movementos de oposición ao Muro de Cisxordania.
A Subdelegación do Goberno dispúxose xa o luns para mediar ante o Concello a favor da instalación dunha carpa na que realizar as actividades programadas sen impedir a normal circulación dos peóns do Obelisco. Están cumpridos todos os requisitos como solicitantes e tan só unha vontade profundamente liberticida e ilegalista pode negar a instalación desta carpa a poucos metros dunha instalación metálica do Concello, residuo do pasado nadal, que ocupa un espazo moito maior.
A vida baixo a Ocupación.
Shamek Shaban, xoven activista árabe da cidade de Nablús, falará da situación na Palestina ocupada. Shamek participa dos centros de xóvenes autoxestionados do Campo de Refuxiados de Balata (http://www.balatacamp.net); un dos nodos centrais da loita palestina e unha das áreas máis duramente masacradas durante a operación «Cinturón Defensivo»(http://transform.eipcp.net/transversal/0507/weizman/es), do traballo do Crecente Vermello en Palestina e do movemento contra o Muro de Cisxordania, que desde o mesmo anuncio da súa construcción, no ano 2002, animan activistas palestinos, israelís e internacionais.
Dada a represión á que está sometida a iniciativa, Shamek fará unha breve exposición a partir das 20:00h no Obelisco e a súa conferencia terá lugar no Laboratorio Social Ocupado Casa das Atochas (r/Atocha Alta no.14, Montealto | http://aculturapreokupa.blogaliza.org) a partir das 21:00h.
Por unha Paz Xusta no Medio Oriente.
Zaitun é unha iniciativa social solidaria co horizonte dunha participación activa desde a nosa localización na construcción dunha Paz Xusta no Medio Oriente.
Coa instalación dun campamento urbano pretendemos denunciar a imposición da miseria a millóns de seres humanos e interrogar os métodos de loita contra o militarismo e a islamofobia.
Para máis información e contacto aconsellamos:
Enderezo electrónico: cupzaitun@gmail.com
Blogue: http://cupzaitun.blogaliza.org/
Grupo en Facebook: http://www.facebook.com/home.php?#/group.php?gid=45383908309&ref=mf
Mural fotográfico, de participación aberta, en flickr: http://www.flickr.com/groups/1029422@N22/
Sempre solidarias,
Zaitun
Xaneiro 18th, 2009 | Published in| the_category Sen clasificar
AS AUTORIDADES TRATAM DE IMPEDIR O ARRANQUE DA INICIATIVA CIDADÁ ZAITUN, QUE SEGUE ADIANTE COM MAIS FORÇA QUE NUNCA
Hoje domingo, apartir das 3 da tarde, dúzias de activistas da iniciativa Zaitun concentramo-nos no Obelisco para descarregar o material e a carpa entorno ao que se desenvolverá o pocesso cidadá de protesto, reflexom e denúncia colectiva da intolerável situaçom de horror que se vive na Palestina.
O concelho da Corunha e a Subdelegaçom do governo, de maneira inexplicável, tratarom de abortar o começo desta experiência democrática e de protesto legítimo impedindo a montagem da carpa e o despregue do diverso material (mesas, paneis…) levados ao efeito.
Durante 4 horas, as pessoas responsáveis da Subdelegaçom do Governo e de seurança cidadá do concelho estiverom passando-se a pataca quente de quem tinha a responsabilidade de impedir a montagem. Ainda assim, numha assembleia improvisada, as 40 pessoas presentes decidimos seguir adiante coa montagem, que plantejamos paralisar temporalmente ante a ameaça iminente dumha intervençom policial conjunta (municipal e nacional) para abortar o processo de forma violenta e co emprego da força.
Perguntamo-nos quem som os responsáveis políticos que derom esta ordem, PERGUNTAMO-NOS POR QUÊ SE PRETENDE COARTAR DE MANEIRA VIOLENTA UM PROTESTO LEGÍTIMO DA SOCIEDADE CIVIL.
Perguntamo-nos isto, nom nas nossas casas, senom aqui, no Obelisco. PORQUE NOM NOS VAMOS. SEGUIMOS AQUI. Queremos e vamos iniciar este processo com a implicaçom de toda a gente que se queira sumar, aportar ou proponher.
Queremos multiplicar este grito que é Zaitun e precissamos da ajuda e da colaboraçom de tod@s. NESTES MOMENTOS DÚZIAS DE PESSOAS VAM PERMANECER ESTA NOITE À INTEMPÉRIE NO OBELISCO POR TURNOS, E TAMBÉM AO LONGO DE TODO O DIA DE MANHÁ.
PRECISSAMOS DE TODOS VÓS PARA QUE ISTO SAIA ADIANTE. PARA ISSO CONVOCAMOS UMHA ASSEMBLEIA MANHÁ LUNS ÀS 20’30 DA TARDE NO OBELISCO.
Zaitun segue, com a gente de Gaza e de toda Palestina
Xaneiro 18th, 2009 | Published in| the_category Sen clasificar
Zaitun; oliveira en árabe, é un chamamento á reflexión e acción sociais en torno á guerra en curso en Palestina.
Queremos desatar un proceso de expresión directa da dor ante a última agresión do goberno israelí ás palestinas da Faixa de Gaza.
Queremos interrogar a posibilidade de participar desde a nosa localización, desde Galiza, na construcción dunha Paz Xusta no Medio Oriente. Denunciar a quen nos goberna, ao Goberno galego, o español e a todas as esferas decisionais locais e globais involucradas na imposición da miseria ás nosas irmás árabes.
Queremos unirnos e multiplicar a palabra emerxente nas rúas de todo o planeta contra a guerra e a islamofobia. Liberar os nosos desexos colectivos de xustiza e liberdade.
Zaitun é unha proposta de experimentación democrática, un CAMPAMENTO URBANO PERMANENTE contra a barbarie.
A PARTIR DO DOMINGO 18 ás 16:00h no OBELISCO
música, conferencias, denuncia, performances, debate, solidariedade, xustiza, arte, corunha, xogos, cólera, teatro, na rúa, exposicións, protesta, encontros, resistencia, democracia, Palestina, documentais, conexións desde Gaza, antimilitarismo, Israel, información, fotografía, participación, pluralismo…